A memoria das palabras
Este arquivo da memoria de Cambados, aberto á sociedade, comezou como un traballo docente no que a mocidade acudía ao rescate memorístico dos seus maiores como xeito inducido de acadar unha menor distancia interxeracional, ao tempo que procuraba unha mellor información desas vidas agora reveladas que tanta información nos fornecen...

Memoria
Porque traballamos na procura da activación das lembranzas de persoas de idade, dende o emprego do idioma; poñendo en relación a dúas xeracións entre as que media unha diferenza de alomenos cincuenta anos de idade. Memoria que unha vez recuperada é posta en coñecemento público.

Palabras
Porque o coñecemento que os máis novos tiran da memoria activada das persoas máis idosas, foi adquirido a través do emprego da lingua, da fala, das palabras... E agora é posto en difusión pública, ultrapasando o nivel coloquial, familiar, para chegar á sociedade, quer en forma de libro editado en papel; quer neste formato electrónico das redes sociais.
As persoas
Alba Oubiña Búa
IES Francisco Asorey - 4º ESO

MARÍA PILAR PINTOS COSTA
MARÍA PILAR
Miña avoa chámase María Pilar Pintos Costa, filla de María Carme Costa e Cándido Pintos Piñeiro. Naceu o trece de setembro de 1943 na súa casa, xa naqueles tempos era cotiá que as mulleres deran a luz nos seus fogares.
O proxecto

Onde nace?
Dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Cambados, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, activouse esta acción de dinamización da Lingua galega que promove o uso e difusión do galego entre o alumnado de secundaria e as familias dese alumnado, de xeito que coadxuve a reforzar a cadea de transmisión do idioma xusto nunha etapa na que se produce a creba.
Web - Apps - Libros

Aplicación para móbiles
Creación de unha versión do proxecto en formato aplicación para dispositivos móbiles que facilita a consulta e a interacción cos contidos.

Publicación de libros
Edición de libros de "As Mulleres de Cambados" e "Os Homes de Cambados" que recopilan unha selección dos mellores traballos realizados.
Agradecementos
- Ao profesorado que coordenou o traballo: Maribel Iglesias, Mari Rodríguez, Antom Fente e Rocío Fondevila.
- Aos IES Francisco Asorey e Ramón Cabanillas.
- Ao alumando asinante destes traballos, e ás súas familias.
- Ás persoas que protagonizaron os traballos.
- A María Xosé Cacabelos Domínguez e Francisco Fernández Rei, polas súas introducións.
- A Eduardo Baamonde polas súas acuarelas.
Copyright
- © copyright dos textos: os autores asinantes
- © copyright das fotografías: arquivos familiares
- © copyright das acuarelas: Eduardo Baamonde
- Enxeñería informática da web e app: Imaxina Novas Tecnoloxías.
- Produción: Asoc. Lobisome Producións