AVELINA NIETO POUSO
AVELINA

AVELINA NIETO POUSO

por Jennifer Corbacho Váquez

IES Francisco Asorey - 3º ESO

Avelina Nieto Pouso, filla de Palmira, ama de casa e nai de 15 fillos, e Juan, coñecido como Chiquita, mariñeiro e armador, que tamén foi alcalde da Illa de Arousa cando se construiu a ponte. Avelina é unha Muller de 69 anos, que toda a súa vida traballou, cosendo redes, de mariscadora, na batea.... Con 21 anos casouse con Juan Vázquez Mariño, um home que actualmente ten 68 anos e traballou de constructor e tamén anduvo no marisqueo. Avelina, ao ser unha das mais maiores, non foi a escola, nin tiña amigas, porque tiña que traballar na casa.

Avelina naceu o dia 7 de maio do 1948, na Illa de Arousa. Daquela os nenos nacían na súa casa axudados por unha matrona (súa avoa, chamada Avelina tamén, era matrona.) Con 14 anos tivo que facer de nai dos seus 14 irmáns, por que a súa nai tivo que ir a Madrid cunha irmá de Avelina a que lle tuveron que facer un transplante de ril, e tiveron que estar unha longa temporada ali. Unhas das cousas que soía facer Avelina era ir lavar a roupa ao río, preto da súa casa, a lavar a roupa dos seus irmáns ás 6 da mañá e tiña que coller a auga cun caldeiro de ferro e unha corda e a roupa poñíase ao clareo (extender a roupa enriba da herba nun campo e ás tres horas recollíase e pasábase por auga limpa e poñíase a secar. Avelina dende pequena, ía coser as redes ao muelle coa nai dunha amiga que foi a que lle ensinou o oficio de redeira.

Moitas veces, cando chegaba de traballar, preguntáballe a súa nai onde estaba a sua comida, e ela dicíalle que lla deixara enriba da lareira (unha pedra cun trespés de ferro en forma de triángulo, de aí o seu nome e facía o traballo dun forniño de cociña), e ela non comía, porque os seus irmáns comíanlle o seu plato se chegaba tarde porque estaba traballando, xa que naquel tempo a comida era máis escasa que agora. Ás veces, collía o pan que tiña a súa nai agochado, e botáballe aceite, e podía ser o único que comía en todo o día, ata a noite que ceaba o caldo.

Á hora de durmir, facíano 8 nunha cama, 4 aos pés e 4 a cabeceira, e o colchón estaba feito de follas do millo que se recollían nas leiras.
Máis tarde, con 21 anos, casou con Juan Vázquez Mariño, un home que actualmente ten 68 anos que traballou de construtor e tamén andivo no marisqueo. Xogaba ao fútbol nun equipo formado por amigos, desde ben rapaz, e seguiu ca súa afición ata despois de casaren. Xogábase en campos de terra, xa que de aquela non había en campos de herba. A súa voda pagáronlla os pais de Avelina, fixeron un banquete nun restaurante, que actualmente sigue aberto, O Tamanaco. Seis meses despois, deu luz á súa primera filla, Manola, que actualmente ten 48 anos, e vive nas Illas Canarias. Manola era unha rapaza que dende pequena era moi rebelde, tiña moitas amigas, gustáballe xogar cos nenos as canicas, os trompos, etc...

No 1970, naceu Ana Isabel, a súa segunda filla. Ana era moi estudosa, todo o contrario da súa irmá maior Manola, e gustábanlle moito as manualidades. No 1973, Avelina e Juan decidiron marchar a Alemania para gañar cartos e faceren unha casa na Illa de Arousa. Avelina deixou as súas dúas fillas, Ana e Manola, que quedaron cos seus avós, Palmira e Juan, os pais de Avelina. Juan traballaba nunha fábrica de coches e na construción, e Avelina traballou nunha fábrica de teles (Telefunken), nunha lavandería, nun supermercado... aínda estando agardando a súa terceira filla Palmira, máis coñecida como Mery.

Mery era unha rapaza moi inqueda, e sempre estaba cantando. Tanto lle gusta cantar, que estivo no coro da igrexa parroquial da Illa de Arousa. Ela foi a única filla que foi estudar, a Sada, porque quería facer administrativo e non podía traballar nas terras, por que tiña problemas de saúde. A súa cuarta filla, Avelina, máis coñecida como Lina, naceu pouco despois do regreso definitivo de Alemania no 1976.

Lina era unha nena moi tranquila, e moi fantasiosa, á que lle gustaba moito xogar á corda, as gomas, e ao truquel.

Cando naceu Lina, Juan empezou a facer a súa primeira casa, que terminou de construir no 1979. Un ano despois, no ano 1980, naceu o primeiro varón, ao que lle chamaron Juan Jesus, o día de noiteboa. Juan Jesus era un rapaz ao que lle encantaba xogar no piñeiral que había enfronte da súa casa, no que construíron un caseto nunha árbore entre todos os veciños e amigos.

No ano 1982 nace o seu último fillo varón, Daniel, un neno moi inquedo, tanto, que as súas irmás chamábanlle ´Daniel o terremoto´. Encantáballe tamén facer lianas, e randear nelas, xogar ao fútbol, andar en bici....
Despois de moitos moitos anos, no 2001, mudáronse a outra casa, construída pola empresa formada polos seus fillos, Dani e Juan Jesús, mentres tanto unha gran parte da família (Manola, Mery e Lina) estaba vivindo en Fuerteventura.

No 2009, Avelina e Juan celebran os 40 anos de casados, cunha gran festa con toda a súa família, netos, fillos, irmáns...

Actualmente, seguen vivindo na súa segunda casa, están xubilados, Juan comparte a súa afición co seu neto Iker, fillo de Juan Jesús, e xuntos gozan dos seus netos que según cita Avelina, son o máis grande para ela.