BENITO CACABELOS SANTORUM
BENITO CACABELOS

BENITO CACABELOS SANTORUM

por Ángela Vidal Cacabelos

IES Francisco Asorey - 4º ESO

Seu nome completo é Benito Cacabelos Santorum. Naceu en San Tomé o 7 de febreiro de 1941, na súa casa a carón da fonte de San Tomé. Foron catorce irmáns. O maior morreu na guerra de 1936, outros dous morreron de curta idade. Coñeceu vivos só a once deles. Él foi o máis pequeno, cando eran rapaces ían á escola do Pósito e despois a privadas. Xogaban con pelotas de trapo na rúa e soían ir os gardas municipais e lles berraban. Na escola nunha clase eran sobre trinta nenos e só aprendían o abecedario e contaban cunha Enciclopedia, cunha pizarra e pizarrilos cos que escribían. Tiñan que rezar e cando viña a profesora poñerse de pé e quen non soubera á lección poñer os libros nas mans ou lle daban coa vara india no cú.

Xuntábase cos seus amigos na xuventude de acción católica, onde agora é o auditorio, alí xogaban ao balón, ás damas, ao parchís, ao billar, escoitaban a radio, xa que aínda non habían televisións. Na súa primeira comuñón tiveron que ir confesar un día antes e non podían comer ata comulgaren. Fixo gamberradas, normalmente de noite, andaban a pedradas cos gatos, e entre rivais de Cambados andaban a pedradas ou a porradas cos cañotos da verdura, uns contra outros. Aos sete anos empezou a ir ao mar. Ían de día á escola, e ao mar ían de madrugada. Traballaba entre 7 e 8 horas, ás veces se tiñan que afastar, el soia remar e cando había vento ían a vela, despois na calma chicha andaban con remo. Había semanas nas que só chegaban a gañar uns céntimos. Andando con aparellos só a veces pescaban e case sempre traían marisco. Aos dezaseis anos soe ir as festas de santo Adrián, a Modia, a Corvillon… soían vir dependendo da hora na que ao día seguinte tiveran que ir ao mar. Un día tiveron un accidente onde voltearon e el quedou na auga pero o rescatou seu irmán con tan só dez anos. Ao cumprir dezanove anos incorporouse as filas do Exército, para facer o servizo militar. Foi a Ferrol a aprender como manexar o fusil e a saber o que era unha guerra. Pero non chegou a ir a ningunha guerra, estivo 2 anos aproximadamente 3 meses en Ferrol e 21 na Escola naval. Alí estudou para camareiro seis meses y despois cambiárono para aula de navegación, botou alí o resto de tempo, encargábanse en limpar e ás doce do mediodía daban a hora legal e tiñan que poñer os reloxos da Escola en hora; el tiña un pase para saír a buscar un reloxeiro en caso de que se estragara o reloxo. Cada quince días deixábanlle unha fin de semana libre. Os cuartos de durmir eran liteiras en filas nun salón grande onde había sobre sesenta mariñeiros, cada un tiña a súa liteira e un percheiro. Ás oito da mañá “tocaba diana” é dicir que era cando espertaban e ás dez da noite “tocaba silencio” que era cando había que durmir. Se tiñan garda que había tres quendas para facer de noite na botaban catro horas en cada unha, e ían cambiando aínda que el nunca fixo gardas. Se non facías algo ben arrestábante sen ir a casa ou sen saír ou a descarregar camións, el tivo que estar catro horas firme e catro horas en descanso, alternativamente, dende as nove da noite ata as nove da mañá por ir sen a cinta na gorra da Escola naval e a outros que chegaban tarde tamén lles metían o castigo según seu retraso, sobre unha semana, tamén limpaban latrinas, pranaban as patacas e facían traballos pouco agradables. Tiñan distintas funcións según os estudos que tiñan. Xogaba no clube de fútbol de Cambados e por iso lle cambiaron “o destino” que era o que procuraban para estaren máis libres e poderen adestrar na Escola onde tamén xogaban partidos; había cantina para beberen e xogaren ás cartes, tamén radio, ou espazos para faceren deporte. Estando na Mariña estaba ás ordes dun oficial tenente de navío co que ían unha vez ao mes dende a Escola naval ata a illa de Ons. O oficial poñíase no ponte e el na proa e cando vía o faro de Ons daba un grito para que vira o que variaba o compás para poñer uns imáns nos lados.

Antes de ir á mili estivo con bastantes mulleres, antes da miña avoa, elas estaban no baile e ían en compañía delas... no Nadal lles cantaban serenatas debaixo dos cuartos delas. Despois coñeceu á miña avoa, eran veciños e soían facérense scenos pola xanela para saíren xuntos a estar de conto... que era estar na porta da casa falando. Cando eran mozos soian ir ao cine e ás festas, cando as había, para bailaren ata a hora que lle mandaba a nai dela estar na casa; iso cando non ían ao mar. Marchou navegar en 1966 a Alemaña, alí estivo cinco ou seis meses. Colleron un barco onde estiveron por Oceanía, Xapón, Corea do Sur e Asia, e pasaron polo canal de Suecia no ano que empezou a guerra de Israel, e foron ben pero volveron con complicacións polos asaltos.. Ían collendo e deixando cargamento xa que era un barco de pasaxe e cargueiro. Despois volveu e lle pediu casamento á miña avoa. Casaron en 1967 o 13 de maio, foron de viaxe de noivos á Coruña onde estiveron unha semana visitando a cidade; cando volveron tiveron que retornar ao traballo cada un ao seu... A segunda viaxe de traballo foi por Sudamérica e centro América, Perú, Guatemala, San Salvador, Porto Rico, Venezuela e o Caribe foron sete meses no ano 1967. El navegou dende 1966 ata 1972 que foi a súa derradeira viaxe. O seu maior tempo de viaxe foron oito meses e medio porque o contratou unha empresa Americana coa que viaxaban sen viren a Europa. Nesa última viaxe pasou por Marrocos e todo o Mediterráneo. Tivo a súa primeira filla, Marisa en agosto de 1968, a segunda, Ángeles un ano despois en 1969 en novembro, seis anos despois naceu Rosa en 1975 e a última, Minia, en 1979.

Cando ían ao mar tíñan que marcar as rochas xa que cada unha tiña nome e ían a pescar pola ría de Arousa, ou ata Marín. Polas Rías Baixas andaban ao marisco e ás sardiñas; pescou con redes entre augas para pescar sardiñas, artes de pescar luras, collían as ostras cun rastro grande duns vinte dentes e as ameixas con raño e forquiña e despois con rastros de rede. Os raños eran todos de ferro tipo gancho cunha vara para tirar por eles e a forquiña era con dous mancos. As pedras se chamaban o faro de Sálvora, A pájara que foi onde afundiu o Santa Maria, onde pescaban os xurelos e andaban cunha raspita, A cova de Sálvora, O carapitel, O vellote, Porto de bois, A reflejas , Noro , O gaio, Os ajudos, Con Negro, A boca de sapo, O galiñeiro, A mesa do con , O areoso, Jodorios, Rúa, A lobeira. As umias , As lobas, O golfeiriño, As pedras salvas, San Vicente, Area grande, Reboredo, A cruz, O puntal da cruz, Nosa señora, O cabaliño, A lagoa, O pombeiro, Praia dos pateiros, Con de fóra, A cabreira, A toxa pequena, O ferido San Sebastián, A porca morta... Neso pasou o resto da súa vida.