GUILLERMO SANTOS VIÑAS
GUILLERMO SANTOS

GUILLERMO SANTOS VIÑAS

por Sara Santorum Santos

IES Francisco Asorey - 4º ESO

Meu avó chámase Guillermo Santos Viñas, naceu o 4 de febreiro de 1943. Seus pais chamábanse Benito Santos e Carmen Viñas. Tiña sete irmáns, tres homes e cinco mulleres, el era o mais pequeno.

Naceu en Caleiro (Vilanova), na casa onde actualmente vive con miña avoa e onde vivíu miña nai cando era pequena.
Os seus pais eran labregos, traballaban na terra. El axudaba; coidaba dos animais (cabalos, vacas, bois, burros, mulas, porcos, galiñas…) dáballes de comer, ás vacas ía levalas pacer ó monte…Vallaba as fabas e o millo (que era poñer pedras enrriba do millo e petábanlle cun pau). Unha vez á semana tiña que ir a moer millo a un muíño ó Mosteiro, turnábanse os irmáns, cada semana ía un. Tamén ían a vender patacas e millo polas casas en bicicleta.
Todos os domingos tiñan que ir á misa, se non, o cura íate buscar a casa, tamén había misa algunhas noites. Fixo a comuñón e a confirmación, e agora vai todas as semanas á misa, a Vilanova e Caleiro.
Os nenos en inverno adoitaban vestir un pantalón curto (que sempre estaban cheos de remendos, e que duraban toda a vida), non había pantalón longo, e poñían medias con zocos. No verán ou ían descalzos ou con zapatillas. A roupa podíase comprar no mercado e nas feiras, que había moitas (dúas á semana). Non había tantas festas como hai agora, daquela había dúas ou tres ó ano. No Nadal, as festas patronais de agosto…

A casa onde vive (e onde vivíu cando era pequeno) é grande, de dous andares e cun gran xardín. Ten moitos cuartos xa que eran oito irmáns. Naquela época na casa non dispoñían de baño, cando se tiñan que asear lavábanse nunha gran “bañadeira” de ferro, e cando tiñan que facer as súas necesidades as tiñan que facer na leira. Tampouco existía ningún aparato eletrónico, nin televisión ou o teléfono, as noticias as leían nun períodico chamado “El caso” que era o único que lles chegaba naquela época, vendíase unha vez á semana, ou escoitaban a radio, que contaba o que acontecía ou emitían cancións. El di que había unha emisora en Vilanova, pero non está seguro. Como non había teléfono non podían comunicarse como facemos agora grazas o internet, teléfonos móviles e ordeadores, senón que mandaban cartas e telegramas (as entregaba un carteiro, como facemos agora) ou cara a cara. Cando acontecía algo importante toda a familiaa e veciños xuntábanse na casa, como aconteceu un día que meu avó caeu dunha burra e rompeu o brazo, o médico tiña que vir en cabalo a casa (non había consultas) despois diso o seu pai mandábanlle carrexar carretas con pedras para “fortalecer o brazo”, el dí que ainda lle doe agora. Os veciños axudaban canto podían, había moita máis relación que agora, coñecíanse polos alcumes, ó meu avó chamábanno “O pequeñito”, a miña avoa era “a do maestro” aínda agora á xente se lle chama polo seu. Había moito máis respeto polos maiores, tiñas que dar sempre os bos días, boas tardes e boas noites e no autobús cedíaslle o sitio. A familia tamén se xuntaba para facer grandes traballos.

Perdéronse algunas receitas e xantares, as favoritas do meu avó eran: papas de fariña milla ou migas de cabalo canso (bolos de pan de millo con viño), fabóns con touciño, empanada e berberechos e millo, caldo con castañas e castañas curadas.
Ós seis anos foi ó colexio de Caleiro. Eran entre 40 e 60 alumnos en toda a escola e só eran homes (as mulleres e os homes estaban en diferentes centros). Dividíase en 3 partes: primeiro grao, grao medio e fundamental. Antes non había pupitres, sentaban nuns longos bancos e tiñan unhas longas mesas.
De luns a venres entraban ás nove, acababan á unha e comían alí, logo quedaban tamén á tarde .O seu primeiro profesor chamábase don Abel e segundo Carlos. Tiñan unha cociñeira que se chamaba Rosa.
Nos recreos e no seu tempo libre xogaba a distintos xogos cos seus amigos: as bólas, os trompos, a pelota (que estaba feita de trapos), o truquel (que consistía en que no chan pintados facían cadrados debuxados e cunha pedra ou unha anaco de tella darlle co pé e esquivar os debuxos). Tamén andaba moito na bicicleta, por Caleiro e Vilanova cos seus amigos, non había estrada, eran camiños de terra, non estaban asfaltados.
Non había tantos deportes como agora, había fútbol; que se xogaba na terra ó aire libre, non había campos artificiais. Non había discos para escoitar música, pero había bailes en Caleiro e en Cambados. Os cantantes máis famosos naquela época eran: Manolo Escobar; Joselito (José Jiménez Fernández); Sara Montiel, unha exitosa cantante, actriz e productora cinematográfica, que fixo moitas películas; Paquita Rico (Francisca Rico Martínez) foi unha cantante e actriz; Estrella Morente é unha cantante de flamenco; Peret, foi un cantante , guitarrista e compositor; e Carmen Sevila, que é unha actriz, cantante , bailarina e presentadora da televisión española. En Vilanova había un cine, onde as películas duraban sobre unha hora e media e trataban sobre indios e vaqueiros, el di que eran mellores as de antes que as de agora.
Estivo no colexio ata os 15 anos e logo empezou o instituto. Foi a Vilagarcía, que estaba ó lado do cuartel da Garda civil .No instituto tamén estaban os homes e mulleres separados. Marchaba pola mañá en bicicleta cos seus compañeiros, e volvía ó mediodía (só tiña clase pola mañá) Cando chovía collían o autobús, que costaba 6 patacóns (un pataco, ou patacón, equivalía á décima parte dunha peseta). O seu profesor era Don Carlos. Só estivo un ano no instituto. Despois do instituto seguíu traballando na casa e foi a traballar ó mar nun barco de pesca a Cambados.

O seu primeiro traballo foi nun taller en Cambados, onde arranxaban barcos, un lugar que chamábanno “O Alemán” polo seu dono, que era alemán. Ía toda a semana agás o domingo. Tiña que ir camiñando cunha mochila chea de comida (xurelos frexidos, tortilla de patacas…) dende Vilanova ata Cambados. Todos os traballadores comían xuntos nunha zapatería que se chamaba “Puchas”, preto do taller. Alí tamén se reunían as mulleres que saían do traballo. Un médico regaloulle unha bicileta para ir a traballar, pero poco despois o deixou, só botou nel un ano.
Ós vinte anos empezou na mili, onde botou dous anos. Os primeiros tres meses eran de instrución, logo foi destinado a San Cristán, pero dí que pasaba máis tempo na casa que alí.

A política daquela época non era como a nosa de agora, non había Xunta de Galicia, había goberno do Estado, os Concellos e o Gobernador Civil de Pontevedra. Cando era pequeno quen mandaba era Franco, que gobernou dende 1939 ata 1975, cando morreu Franco, o reinado volveu a España, porque se marchara coa proclamación da República en 1931. O Rei de escolleu de presidente a Adolfo Suárez, que estivo ó cargo dende 1976 ata 1981. En 1982 foi elixido presidente, Felipe González, que estivo ata 1996. Despois ocupou o seu posto Aznar, que estivo ata o 2000, seguiuno Zapatero, ata Rajoy, que está agora.
En 1965 casou coa miña avoa, Carmen Lorenzo Chantada, ela naceu en Tremoedo o 11 de xullo de 1947, nunha casa onde actualmente vive a súa irmá. Seus pais chamábanse Ramón e Carmen, o seu pai era carteiro e a súa nai traballaba na casa, aínda que logo montou unha taberna, onde podías ir a tomar un viño ou comprar cousas. Esa taberna foi a primeira en ter televisión (onde só emitían unha canle, a unha, e víase en branco e negro) e teléfono de todo o pobo. Ten cinco irmáns, (Dulcelina, Beatriz, Francisca, María Teresa e Carmen) ela é a segunda. Foi ó colexio a Tremoedo coas súas irmás e ían camiñando ou en bicicleta, adoitaban xogar coa corda, ao truquel...Despois aprendeu a coser e de alí ía en bicicleta cunha prima polas casas a coser, reparaban a roupa, pasabban o ferro quente e cosían as sabas. Na casa tiñan distintos animais (vacas, cabuxas, galiñas, poros…), que coidaban deles e dábanlle de comer. Lavaban a roupa no río, sementaban patacas, pementos, tomates… De roupa adoitaba poñeer vestido de bordados, de nido de abella e blusas tamén bordadas. Cando na Igrexa tiña que recitar versos poñía un traxe tradicional de Galicia. Casou co meu avó ós 19 anos. Vivíu en Vilagarcía e en Cambados, alí lavaba a roupa no río de Pazo de Fefiñáns. Despois foron a vivir a casa de Guillermo.
Tiveron cinco fillos: Maria del Carmen (chamábamoslle Mari), Susana (que é miña nai), Guillermo (Mito), Benito (Tito) e Inés.

Meu avó cazaba moito, empezou con 17 anos e percorreu toda España con compañeiros cazando. Viaxaban en coche, e o primeiro coche que tivo foi un Diane 6, un Citroen de dúas portas. Tamén podían viaxar en tren, se era moi longa a viaxe; unha viaxe dende Galicia ata Madrid duraba catorce horas. O seu lugar favorito da Península é Toledo. Gañou moitos premios en competicións por toda España, e en 1983 gañou unha competición en Manzaneda quedando como o campeón galego de caza, pero ata un ano despois, non lle deron o premio.
Despois traballou nun cocedeiro de mexillóns en Tremoedo moitos anos, e despois foi chófer de camións, transportaba marisco, e o levaba ata Asturias ou Portugal. Tamén conducíu autobuses, que levaban homes e mulleres ao seu traballo.
En 1970 puxeron invernadoiros nos terreos da casa de Caleiro, sementaron todo tipo de flores: rosas, caraveis, lirios, lilium… e comezaron a vendelas, e aínda segue agora, meus avós e miñas tías sementan as flores e logo se distribúen por toda a provincia e tamén en Santiago. Ademáis de flores tamén poñen verduras e hortalizas para consumo propio, como cabazas, patacas, tomates, leitugas, e millo, que o almacenan nun gran piorno.
Foi un dos fundadores da primeira cooperativa de flores que se instalou en Pontevedra, e despois duns anos a cooperativa disolveuse e él empezou a traballar pola súa conta.

Meu avó segue facendo algunhas cousas que facía antes.Continúa levántase cedo, e de almorzo toma unha boa cunca de leite, con moitos tipos de galletas, mel e cereais, báteo todo e o come, eu penso que era unha receita que tomaba antes. Axuda no invernadoiro, dalle de comer aos animais… Despois de comer vai xogar a partida (xogar as cartas e tomar un café) cos seus amigos a un bar de Vilanova. Á noite cea moi cedo e ve películas de vaqueiros, logo ve o telexornal da unha ou da sexta e ve o tempo de todas as cadeas de televisión. Cando ve aos meus curmáns xogar a play station, parécelle unha perda de tempo, xa que podían estar xogando ou facendo cousas mellores...
As veces vai pescar, ou só, ou acompañado cos seus amigos, soe pescar chopos, que logo miña avoa cociña e os comemos. Mantense en forma camiñando e indo o ximnasio.