GUILLERMO TORRES CHAVES
GUILLERMO

GUILLERMO TORRES CHAVES

por Clara Torres Vázquez

IES Francisco Asorey - 4º ESO

Meu tio, Guillermo Torres Chaves, naceu o dez de xaneiro de 1954. A miña avoa Cristina tívoo na casa da miña visaboa en Cacabelos, da parroquia de Santo Adrián de Vilariño, do concello de Cambados. Era unha familia, de clase obreira, vivían ao día e sempre traballaban. O meu avó era músico e tamén era obreiro;

e a miña avoa era ama de casa, ía a seca e tamén era labrega. O meu tio pasou dende que naceu ata os tres anos ao coidado dos meus bisavós xa que os meus avós traballaban.

Comezou na escola aos catro anos, chambáse a escola de ´Viritas´e estaba situada enfronte do actual Salón Peña, que daquela era unha fábrica de conserva, xusto onde actualmente hai un bar, e ía a esa porque a miña avoa ía traballar á seca e el xa quedaba alí. O seu mestre chamábase Ramón e só tiña ese, a súa asignatura preferida era historia e sempre foi de moi boas notas. De pequeno non queria ser nada en concreto, inda que xa lle gustaba algo relacionado co deporte.

Un recordo que lle fai moita gracia, é por exemplo cando tiña catro anos polo nadal os Reios trouxéronlle un cabalo de cartón, e el quíxolle dar auga para que bebese e rompeuno todo ao enchouparse de auga. Con sete, oito anos comezou a facer as tarefas de casa, inda que só lle daba de comer aos porcos, ás vacas, ás galiñas... A día de hoxe a Unión europea impuxo una lei de redución das vacas e case non as hai, e según o meu tio polo mesmo camiño están os porcos... Á idade de doce ou trece anos, permitíronlle ir a xogar a vilas próximas ao fútbol con pelotas de goma de marca Courties, xa que el era o único rapaz en Cacabelos e non tiña con quen xogar próximo a el.

O nove de febreiro de mil novecentos sesenta e un naceu José Manuel Torres Chaves, o meu pai, e o meu tio estaba moi feliz, e practicamente estaba todos os días con el, eran unlla e carne, e tiñan o alcume de Patacóns. Comezaron a nacer curmáns, e ían todos a xogar á casa da miña tia avoa moitas veces, pasaron os anos, o meu pai comezou a ir ao colexio, e meu tio marchou ao colexio do convento, situado onde agora está o despacho do cura, e os cuartos para facer a catequese. Recorda os castigos que lle impoñía o meu avó, pero recoñece que estaban totalmente xustificados, pon como exemplo que unha vez soltaron as galiñas, e abriron a porta para fóra da casa e fuxiron case todas, e cando chegou o meu avó déulles uns cintazos ao meu pai máis a el que lles doeu ao sentaren durante uns días. Outro castigo que tiña era poñelos contra a parede, co lombo recto e sentados pero sen cadeira, e non podian caer se non tiñan que botar máis tempo alí. Aínda que o meu avó de aspecto era moi serio, moi humilde, sinceiro… sobre todo non permitía ningún maleducado na súa casa, odiaba aos maleducados e así o meu tio a día de hoxe (case) non dí ningún taco.

Logo marchou para Marín, a estudar o bacharelato, volvía todos os días a Cambados xunto os seus amigos que se chamaban Manolito, Resua e o difunto de Clemente, e ían de festa pero non moi lonxe… por Cambados ou por algún outro lugar onde se puidera achegar, coa moto ou a bicicleta xa que non tiñan coche e ían mocear dese xeito; meu tio dí que non tivo ningunha moza ata a miña tia pero eu teño moitas dúbidas diso…

O catorce de abril de mil novecentos sesenta e oito naceu a miña tia Natividade Torres Chaves, meu tio non pasou moito tempo con ela xa que xusto cando ela pasaba a súa infancia, el estaba en Marin, estudando o bacharelato, para poder entrar en maxisterio que era no que nun principio quería estudar, foron anos de moito estudo nos cales só estudaba e coidaba aos irmáns cando volvía a Cacabelos. Uns anos despois, múdanse a Cambados a unha casa heredada da miña bisavoa, era moito máis cómoda xa que estaba máis preto do traballo da miña avoa. Uns anos despois, foi un duro golpe para a familia, a miña avoa morreu de cancro e deixou a nenos de sete, catorce e vinte dous anos orfos da man do meu avó, o meu tio acabou maxisterio e marchou para a mili a Pontevedra. Logo continuou facendo carreira militar. Estudou case quince anos e chegou ir traballar a moitos lugares como Toledo, Jaén, Jaca, Alemania… mentres que estaba na mili sacara un postgrao de para poder exercer nas universidades, inda que só exerceu durante unos catro anos porque como el dí: O que realmente te enche é o que tes que facer coa tua vida, se pasas o tempo facendo algo que non te enche levas todo ese tempo perdendo o tempo.

Estivo vivindo en Alemaña, moitos anos, e cando volveu coincidiu que era a festa das Cabezas na Armenteira xa que a miña familia e cristián, e alí nesa festa coñeceu á súa actual muller, e dicir, a miña tia. Meu tio tiña un permiso de seis meses, que pasou moceando con ela, e podía regresar a Alemaña ou quedar aquí, e preferiu quedar aquí xunto ca súa moza e a súa familia. O meu pai, non puido estar con el xa que estaba en Tenerife estudando dereito, e miña tia estivo con el pouco tempo xa que, como o meu avó, era música e pasaba os días estudando partituras. Casaron o vinte de decembro de mil novecentos oitenta, e foron vivir a un piso a Pontevedra, perto da Ponte dos Tirantes. Tiveron a súa primeira filla o sete de setembro de mil novecentos oitenta dous, chamada María Torres Prado, a primeira neta, sobriña e filla de toda a familia, chamáronna así pola miña bisavoa; só dous anos despois tivern a súa segunda filla chamada Beatriz, chamada así porque ou era Natalia ou era Beatriz; colleron unha moeda e botárona a cara e cruz e saiu Beatriz, e tratábanas coma xemelgas, vistían igual e ían ao mesmo colexio.
Un recordo, que lle gusta moito ao meu tio é o que ten que ver co entroido, xa que os traxes que usaban facíaos a súa tia, e eran traxes de príncipes e de princesas, de tódalas cores, cada ano. O meu tio seguía indo ao Cuartel pero só en Pontevedra, encargábase da forma física dos militares novatos, e de quen ascendía e era mandado a outros lugares ou aos que quedaban alí, debido a esto meu tio está sempre en moi boa forma física e ten moitísima resistencia e moita forza.

O trece de xaneiro de mil novecentos noventa e un, naceu a última filla do meu tio chamada Cristina, chamada así pola miña avoa, nada máis naceu ela viñeron vivir para Cambados na casa da sua infancia pero xa reformada: Cando viu, o meu pai xa volvera de Tenerife e o meu tio dixo que parecia un “peruanito” do negro que estaba. A miña tia Natividade estaba en Salamanca tocando nunha banda, chegou a ser moi boa e a tocar en bandas moi importantes. En mil novecentos noventa e sete, naceron as súas duas primeiras sobriñas, Lidia (miña irmá) e Laura, por ese orde unha de octubre e outra de decembro. Lidia era coma unha filla nova para el xa que, a miña nai e o meu pai traballaban e coidabannos meu tio máis miña tia, o meu pai e meu tio estaban moi unidos.

Pasaron os anos, meu tio pideu unha baixa por unha operación de cadeira, e entón xa no tiña que ir a Pontevedra e comezou a estudar idiomas, acualmente sabe falar castelán, galego, inglés, francés, italiano e alemán. Mentres a súa muller traballaba na casa e dedicábase a coidar a Cristina e a Lidia, despóis o nove de agosto de mil novecentos noventa e nove naceu Uxía (a miña segunda irmá) e despois eu, o vinteoito de febreiro de dous mil dous, Xusto ese ano o meu tio volve a operarse da cadeira porque ten unha caída un día pola rúa o que fai que se mova a súa anterior prótese, e volvérono a operar.

Do dous mil cara aquí, a súa vida se fundamenta en educarnos a nós, coidarnos e levarnos a Ghandarela unhas fincas que están preto de Vilariño, a xogar alí mentres el está no invernadoiro. Despois, diso fomos de vacacións a Barcelona, Portugal... Foron anos moi bos, ata que... o que meu tio nunca vai esquecer, o que peor o levou, o que menos esperaba. O vinteoito de novembro de dous mil once falece o meu pai, na nave do concello (lugar onde traballaba); moi apenado meu tio nunca matinara en non poder compartir a súa vellez xunto ao seu irmán, foi un duro golpe para toda a familia, e tardamos moito tempo en superalo. A día de hoxe, leva casado case 37 anos, as súas fillas viven en Cambados, Irlanda e Lugo, e cada uhna estudou o que desexaba, el esta feliz e xa tivo a súa primeira neta chamada Lara, filla de María, é como el nos dicía a nós é un formighillo, non para nunca, pero tamén é gran alegría da casa.

Cando lle pregunto Tio, cal é o teu maior temor? A morte, dí, ese intre no que te vas e non podes facer nada para poder salvarte.