MANUEL PADÍN GARCÍA
MANUEL

MANUEL PADÍN GARCÍA

por Pablo Palacios Padín

IES Francisco Asorey - 3º ESO

O meu avó, Manuel Padín García, naceu en Baltar (Castrelo), na casa da súa nai, no 1946 ca axuda dunha mañosa que facía as veces de comadrona. A súa infancia foi complicada e dura, debido a que con catro anos o seu pai abandonounos, a el e máis ao seu irmán Carmelo que é uns anos maior, e tiveron que ser criados pola nai e o avó.

Dous anos despois da fuxida do pai a Arxentina, aos seis anos, empezou na escola de don Elías, no Adro, nunha casa particular pertencente a Ramiro. Nesa casa eran sobre cincuenta rapaces e rapazas de moitas e diferentes idades. Escribían cun xiz sobre unha pizarriña e borraban cun trapo mollado, aparte diso tamén tiñan un caderniño Rubio para aprender as letras. O meu avó contóume que ían á escola para aprender a ler, escribir e saber as catro regras; sumar, restar, multiplicar e dividir. Nesa casa estaba de nove da mañá a unha da tarde, hora na que volvía á casa para xantar e volvía dende tres da tarde ata as sete, ao longo do día na escola dábanlles leite en pó e un pouco de queixo, que seica mandaban os americanos, tamén tiñan recreos nos que xogaba ás bólas, ós trompos, á billarda (xogo no cal cun pau longo tiñas que golpear pola punta a outro pau pequeño e afiado colocado no chan e levántalo no aire para bater nel e quen o lanzase máis lonxe gañaba)… Manuel estaba moito tempo con Carmelo (seu irmán), José Mighallas, Hermógenes, Argibay, Antonio o mudo…Todos eran rapaces da zona.

Deixando a un lado o asunto da escola, a relación ca súa familia era moi boa, pero sobre todo con Carmucha, súa nai, todos os domingos ían xuntos á misa, tamén ás festas das parroquias darredr, xantares en familia… Para el o seu avó era como o seu pai, debido a que o criou como ao un fillo e, anque tiñan as súas… queríanse moito. Manuel, no seu tempo libre, axudaba nas tarefas, e contoume que levaba moito ás vacas a pacer, el e outros rapaces e rapazas, ás vacas á mesma zona e, mentras pacían as vacas, a rapazada falaba baixo á sombra duns carballos na zona, anque non se acorda moito dos nomes desas persoas. Ós catorce anos deixou a escola para encontrar traballo como albanel, don Fernando sería o seu xefe, traballaba de nove da mañá ata que se puxera o sol, iso si, cunha hora libre para o xantar. Gañaba quince pesetas ó día daquela, aínda que é certo que todo era máis moito máis barato ca hoxe. Manuel de mozo case non viaxou, como moito ó médico de urxencias a vila de Cambados, anque xa casado viaxaría moito (Madrid, Barcelona, Alicante, Asturias…) e ata chegou saír do país en busca de traballo, pouco tempo en Andorra e un par de anos en Francia xunto ó irmán.

A noite de reis, do 1948, naceu miña avoa, Lourdes Cacabelos Chaves, na Xesteira (Castrelo) a mans dunha comadrona. Ela sería a primeira de oito irmáns. Ós sete anos empezou a ir a escola, que era unha casa particular na Xesteira, onde Carmen Sineiro (A Cota) impartía as clases. Polo que me contou miña avoa poñía uns castigos moi duros, por exemplo, lles pegaba cunha vara (que rompía de tanto uso, e entón mandáballe a alguén ir buscar máis, e quen fora recibiría o primeira pancada con ela), tamén mandaba poñer ó resto de xeonllos con area no chan… Ó contrario co meu avó, Lourdes como tiña oito irmáns non podía ir sempre á escola, debido a que tiña que coidalos, os seus nomes, de maior a menor eran: Lourdes, Pepe, Chicha, Manolo, Luisa, Santiago, Florindo e Celia. Uns levaríanse mellor e outros peor, miña avoa contoume que pelexaban moito entre eles, debido a que na casa os país poucas veces estaban, eso si, a medida que medraban isto pasaba menos. Cando tiña nove anos estaba levando un par de galiñas que se meterán na casa dende fóra, e deixou a porta aberta, entón un porco entrou na casa e viu ao meniño Santiago, durmindo nunha cestiña, o porco empezou a trabarlle e entón entrou Lourdes, que moi asustada, colleu o primeiro que viu e arreoulkle duro, por sorte Santiago só tivo unha ferida no brazo. Cos pais levábase ben, o pai traballando día e noite, sen un traballo fixo para alimentar ós seus fillos, só viña para comer e durmir (mariscaba, traballaba no campo, pescaba, nas telleiras, ata fixo de albanel…). A nai traballaba moito cos animais e nas terras. Ós 13 anos Lourdes deixou a escola para traballar, concretamente na fábrica de conservas “Daporta” preto da ponte que une Castrelo e Cambados. Ía traballar de 9 a 1 e de 3 ata as 12, 1, 2, 3, ata cando xa non quedaba peixe que procesar. Camiñaba oito quilómetros ó día, dende a súa casa ata a fábrica. Alí eran 130 persoas entre homes e mulleres, as mulleres na cinta e os homes levaban as caixas ó camión. Ía traballar só cando había peixe, para sabelo, ás sete da mañá un camión viña pitando pola estrada dende Vilalonga. Nas familias dos meus avós era normal xuntar ferros soltos e vellos, debido a que os ferralleiros os recollían a cambio de vasos, pratos… Cando se encontraban mal ían ó “dentista” que tamén facía de médico, Valdomero chamábase, e a consulta era na Iglexa de Castrelo, nos casos maiores urxía ir ó médico, o pai de don Celestino, en Fefiñáns. (meus avós iban a Cambados só para iren ao médico, á farmacia de Cadarso e á Praza de Abastos). Eles non tiñan os baños dentro da casa, tiñan unha letrina na horta. O leite, naqueles tempos de antes do tetrabrick, a conservaban en bolsas, e cando empezaron a vir as farolas, tiña que ir un encargado da luz, na bici, cun pau encendendoas dunha en unha. Os produtos que non eran da zona eran moi caros, cuarto quilo de plátanos custaba cinco pesetas, un terzo do salario de cada día do meu avó. Vaia tempos aqueles!!!