MANUELA COSTA FALCÓN
NINERE

MANUELA COSTA FALCÓN

por Uxía García Rial

IES Francisco Asorey - 4º ESO

******* VERSIÓN DE: Uxia García Rial *******

Fago este escrito para falar dunha persoa moi importante na miña vida como o é a miña avoa, e así coñecer e entender como era a vida dos nosos maiores. Para poder redactar isto tiven que facerlle unha serie de preguntas á miña avoa, xa que ela viviu a súa época.

Chámase Manuela Costa Falcón, pero todo o mundo a coñece como Lela que é o diminutivo do seu nome e como a chaman dende pequena. Naceu na Modia, o lugar onde viviu e medrou, viviu alí ata os dazaoito anos, cando casou, entón veu a vivir para o centro de Cambados.

Para que nos fagamos unha idea principal de cómo era a vida hai unas cantas décadas, pedinlle á miña avoa que me dixese tres palabra que definisen a súa vida. A primeira palabra que me dixo e remarcou foi “traballo, xa que ela nunca foi a escola, cando non había que coidar ós pequenos da familia, había que traballar no campo, esto foi así ata que cumpriu os sete anos idade á que comezou a traballar. A segunda palabra foi “pobreza”, ela vén dunha familia pobre e grande, tiña moitos irmáns e os cartos eran escasos. A terceira e última palabra é moi importante, xa que tamén ma recalcou moito, esta palabra é “felicidade”, porque na súa infancia ía xogar e divertirse cos rapaces e rapazas dos arredores, logo casou cun gran home como o era o meu avó, e finalmente tivo uns marbillosos fillos, netos e bisneta.

Falando con ela pregunteille polos momentos máis alegres e felices da súa vida, contoume moitas cousas, pero houbo un ó que lle puxo moita ilusión e sentimento á hora de contarmo. Ese momento foi o día da súa voda. Miña avoa casou co meu avó Antonio ós dazaoito anos, sí, aínda era unha rapaciña, pero eles estaban moi namorados. Tanto que o seu amor perdurou ata o seu último día xuntos, e perdurará por sempre, porque ainda que o meu avoiño non está con nós, el está coidándoa a ela e a nós.

Nesta vida, non só hai momentos felices, tamén hai momentos malos e moi duros. Isto ocorreu hai pouquiño tempo, é dicir, isto aconteceu hai case seis meses, por circunstancias da vida tocóume vivilo ó seu lado. Ese momento foi a morte do meu avó, foi un momento moi doloroso para ela e para todos, pero como el nos ensinou, xuntos podemos superar calquera cousa que suceda por moi dura que sea.

Nos seus tempos mozos, como miña avoa sempre conta, non había discotecas nin “pubs”, pero tamén saían por aí a bailar e pasalo ben. Eles ían ás festas, daquela toda a mocedade agardaba a que chegaran as datas de celebración dos patróns dos pobos veciños e desta nosa vila, Cambados, para ir bailar, pero sen pasarse… xa que ás doce da madrugada había que estar na casa.

Meténdonos un pouco máis no persoal, a miña avoa, como dixen ó principio naceu e viviu na Modia ata os dazaoito anos, cando casou. Ela naceu o catorce de marzo do mil novecentos corenta e catro. Vivía nunha pequena e humilde casa de pedra que constaba dunha cociña que contiña unha pequeña lareira para poderen cociñar, había unas escaleiras que te levaban o piso de arriba, no que había un único cuarto dividido á metade por unha cortina, a un lado da cortina durmían os homes e ó outro as mulleres. No exterior da casa había unhas cortes para os animais e un galponciño no que se gardaba o carro das vacas e unha pequena horta. Os seus pais traballaban ambos os dous, a súa nai, Carmen, como calquera muller daquela época, aparte, de ser ama de casa e labrega, tamén era mariscadora. O seu pai, Eugenio, ademais de traballar no campo era canteiro. Miña avoa tivo once irmáns, dos que agora mesmo, contándoa a ela quedan vivos só cinco. A causa de ser unha familia tan grande é a pobreza que había naquela época, a súa situación era moi crítica, polo que o día a día era o máis importante. Esta gran familia como moitas outras tamén tiña un alcume polo que era recoñecida, o alcume desta familia é “Os Nineres”, isto vén de que era o apelido do pai da miña avoa. Ela vivía no Campo da Modia, e recorda algún vecinos como María Blanco, Josefína a Roma e os de Masa con moito agarimo. Tamén lembra o Campo da Modia con moito cariño porque era o lugar onde ía xogar cos seus amigos e amigas. Dí que botou media vida de loito xa que daquela vestían de negro os nenos e os maiores cada vez que morría un familiar achegado.

A miña avoa comezou a traballar ós sete anos, nunca antes foi á escola. Ela pertencía a unha familia pobre e grande, e os cartos facían moita falta. Traballaba en todo o que podía. Traballou na seca pañando marisco, según conta é un traballo moi e duro, porque ó ser ó aire libre facía frío e chovía por ti, ademais da humidade do mar. Tamén traballou na fábrica de Otero, unha das fábricas máis importantes que houbo na nosa vila. O xefe desta empresa era o cambadés Manuel Otero. O oficio que ela xunto con moitas máis persoas desempeñaba era o de cocer, escunchar e empacar marisco (mexillóns e berberichos) e xoubas. Outro traballo dos varios que tivo foi o de limpar o cine que antigamente había en Cambados. O traballo máis recenté que tivo foi no Pazo de Fefiñáns, ela traballaba as leiras deste precioso pazo. Cando era rapaza e viña de traballar, ó chegar á casa sempre había algo máis que facer: ou pañar herba para os animais, poñer verdura para comer… pero aínda así quedáballes tempo libre para xogar. Xogaban ás canicas, ó trompo, á corda, a billarda e moitas cousas máis. Traballaban e sabían divertirse que é o máis importante. Tamén ían ó cine. Daquela as películas non eran como as de agora, antes vían películas de vaqueiros e de Cantinflas na maior parte. O día para ir ó cine era os venres, xa que había a chamada sesión “fémina”, na que se as mulleres ían acompañadas por un home entraban de balde. Outra das afeccións que tiñan era o teatro, xa que as irmás salesianas facian pequenas obras que eran representadas polas rúas. Gustáballe moito a música, e daquela pasábano moi ben cun home chamado Antonio o Parpaxo que os días de festa ía polas casas tocando o acordeón e cantando. Cantar tamén lle gustaba moito, cantaba cancions enxebres como A Rianxeira ou a famosa Pousa pousa. Manolo Escobar era un cantante moi coñecido por entón, a canción del que entre outras a menudo cantaba é Mi carro me lo robaron…:

Para rematar, á miña avoa gustaríalle que a recorden como unha persoa sinxela, como realmente é. Non quere que lermbren por cousas malas, senon que o fagan por como é, unha boa persoa que quere facer o ben e axudar ós demais e ós seus en todo o que poda. Ata aquí chega o escrito, espero que non sexa aburrido , xa que para min non o foi escribilo. Grazas.


******* VERSIÓN DE: Iván Rial Balsa *******

A miña avoa Manuela Costa Falcón naceu na Modia o catorce de marzo do 1944 no seo dunha familia pobre pero moi traballadora. A súa nai, Carmen, era mariscadora e o seu pai, Eugenio, era canteiro, vivían cos seus doce fillos, e a nai dun deles, nunha pequeniña casa de pedra que soamente contaba cunha cociña e cun dormitorio onde durmían todos xuntos. Era coñecida a súa familia co alcume de NINERES, aínda que non sabe a orixe nin a razón de dito alcume.

Debido á situación crítica da familia, miña avoa tivo que empezar a traballar moi cativa, con sete anos. Debido a isto só pudo asistir á escola durante tres meses e o pouco que sabe ler fóino aprendo ela coa axuda dos pais e os irmáns. O seu primeiro traballo foi na Fábrica de Otero, a coñecida conservas Guau, realizando traballos de escunchado e empacado de márisco. Naquela época o xefe da fábrica era Manuel Otero.

Ó saír de traballar tiña a obriga de axudar os paIs en tarefas da casa e nos labores do campo, o pouco tempo que tiña libre o adicaba a xogar no campo da Modia. Entre os xogos que recorda a miña avoa cos que enredaban estaban as bólas, o trompo, a billarda e a corda de saltar. Entre o tempo de lecer non podía faltar o cine, que os venres tiñan a sesión “fémina” e se ías acompañada dun rapaz dita sesión era gratis para as mulleres. Tamén realizábanse obras de teatro na rúa que preparaban as irmáns salesianas. Gustáballe moito a música, como á maioría da xente da súa época, e o seu cantante favorito era un que se chamaba Manolo Escobar. Para ela a política e o deporte non son nada interesante nin importante, esas cousas deixallas para os políticos e os deportistas.

O vinteún de agosto do 1963 casou cun mariñeiro, Antonio Rial Márquez, e trasladóuse a vivir a Cambados á casa da súa sogra, nas coñecidas como Casas Baratas. Para a miña avoa o momento máis féliz da súa vida foi precisamente o día da súa voda e como non tódolos momentos vividos co seu home. Por iso cando lle preguntei cal foi o momento máis triste da súa vida, para ela foi precisamente a morte do seu marido.
A partires do momento que casa ademáis de traballar na fábrica empeza a limpiar tamén a que era antigamente a oficina de Correos e Telégrafos que estaba situada na Rúa Hospital. A súa sogra limpaba os cines de Cambados, traballo que empeza a realizar a miña avoa cando a sogra deixa de traballar. Ditos cines estaban situados no baixo que durante anos ocupou o comercio Montblanc e que despois trasladaron onde agora está o supermercado Eroski.

Algo que tamén sufriu en propias carnes a miña avoa foi a emigración, como a maior parte das familias daquela época. Un irmán foi vivir a Alemania e unha irmá marchou para Arxentina, pero iso non evitou que unha vez foran de visita a Arxentina e que a súa irmá e o seu cuñado viñeran a visitalos máis dunha vez nas vacacións.

Manuela, para quien a coñece é Lela, pensa que as palabras que mellor describen a súa vida son o traballo, a pobreza e a felicidade, recordando os bos momentos que pasou ca súa familia e os seus amigos. E lle gustaría que nun futuro a lembraran pola boa persoa que é.