MARÍA DEL ROSARIO CHAVES TORRES
CHARO

MARÍA DEL ROSARIO CHAVES TORRES

por Lidia Silva Chaves

IES Francisco Asorey - 4º ESO

María del Rosario, chamada por todos Charo, naceu o 28 de agosto de 1967 no hospital provincial de Pontevedra. Parte dunha familia de clase media, rica en terras e viñas. Filla de María Asuncion Torres Chantada e Carmelo Chaves Búa xunto cun irmán e unha irmá.

Charo é a filla máis pequena. Ten os cabelos negros e rizos, os seus ollos son marróns, a súa boca é pequena e ten a nariz afiado. Xa dende pequena é alegre e moi traballadora.

Empeza a escola aos cinco anos no Magariños. Alí ten como profesora a Mari Carmen Durán, que lle insina a ler e incluso lle regala o seu primeiro libro, elexido por ela. Isto é así porque como a Charo lle custa moito aprender a ler, Mari Carmen fáille este regalo para ver se así a nena aprende moito antes. E así é, Charo aprende a ler con ese libro. Neste mesmo colexio tamén tivo de profesora a Carmen Silva, que foi a súa titora. Daquela, as clases eran impartidas en castelán, aínda que a maioria dos nenos e nenas falaban en galego. Había quen trataba a Charo de menos só polo feito de ela falar sempre en galego. Isto a ela non lle afectou para nada.

Máis tarde, aos nove anos, trasládase ao colexio San Tomé. No que xa non é tratada de menos por falar galego. Tendo como profesores a José Luis, quen lle aprende o himno galego; don José, actual cura de Cambados, que lle imparte relixión e ponlle de alcume Morenocha; e Domínguez, quen lle da matemáticas e é o seu profesor de ximnasia, con el en sétimo e octavo forma un equipo de balón man co que compiten contra outros colexios da zona. Cando pasa para sexto empezan a dar a asignatura de galego.

Debido a que ten que compaxinar a escola co traballo na casa, no recreo do colexio é cando ten tempo para xogar cos seus amigo, os xogos comúns eran: o truque, a comba, a goma, o pilla pilla… O seu grupo de amigos está formado tanto por nenas como por nenos, dalle igual o xénero e a idade, todos xogan xuntos. Ela traballa axundando aos seus pais en diversas tarefas e traballos; limpando a casa, facendo as camas, levando leite en bicicleta ao restaurante Rosita para que lla merquen, axudando ao seu pai nas terras… Ela moitas veces cae da bicicleta e faise moito dano, pero ainda así ten que seguir pedalendo para chegar ao restaurante e vender o leite, porque sabe que se non rifaranlle na casa.

Ela admite que por desgracia, na súa familia ao ser a máis pequena, é a que máis traballos ten. Non é xusto pero ela cree que non é quen de protestar. Aínda tendo que compaxinar todo isto, ela saca o graduado escolar. Acaba a EXB e decide non ir ao Instituto. Despóis de rematar os estudos primarios estuda Corte e Confección na academia de Mercedes mentres traballa indo á seca co raño a apañar ameixas e berberechos.

Con dezaseis anos decide marchar para Sanxenxo a traballar no hotel Rotilio, hospedándose alí e traballando como camareira e na lavandería. Traballou neste hotel durante oito anos. Netes oito anos, fai moita amizade cos seus compañeira e compañeiros e forma, por así dicilo, unha nova familia. Tamén coñece nesa época ao que será seu marido José Silva Domínguez. Coñécense unha noite saíndo de noite cuns amigos. El é un rapaz de Lores, Meaño. Casan con 24 anos e diciden mudar a súa vida devolta a Cambados a un piso en San Tomé.

Ela deixa o hotel Rotilio, para ir traballar ao hotel Troncoso, en Sanxenxo, como recepcionista. Cando Charo ten 29 e José 30 ela queda embarazada da súa primeira filla, Bibiana Silva Chaves. Filla que lle traera moitos ensinos e aprendizaxes. Coa neniña viven durante un tempo no piso, logo deciden facer unha casa ao lado da dos pais de Charo. José é albañil así que el é o primeiro traballador da obra. Sete anos despois do nacemento de Bibiana, cando a casa xa esta rematada, Charo volve quedar embarazada. O novo bebé tamén é unha nena, Lidia Silva Chaves. Como ten que seguir traballando, deixa o hotel Troncoso e vai ao Galatea cun horario de tarde noite. Neste hotel só esta un ano e despois decide volver ao Troncoso.

E hoxe en día segue vivindo na mesma casa coa súa familia, a vida traeulle e síguelle traendo moitas pedras e moitas alegrías, pero ainda así segue adiante coma unha loitadora. Non tivo a vida simple, nin doada, pero o tempo váille decindo que o seu traballo da os seus froitos.

Non fixen este traballo sobre os meus avós, porque xa non están con nós. Así que a miña opción foi facelo sobre a miña nai, que tamén tiña o seu qué contar. O traballo non ten fotografías polo simple feito de que non quero subir a rede fotos sobre os meus familiares.