MARÍA LUISA FUENTES CHAVES
MARÍA LUISA

MARÍA LUISA FUENTES CHAVES

por Luís Rey Abollo

IES Francisco Asorey - 3º ESO

Temos que remontarnos aos anos de 1950, para poder relatar a historia dunha neniña , á que chamaron María Luísa Fuentes Chaves, que naceu que viveu una época totalmente a distinta á actual. A historia dunha nena que naceu o seis xuño de 1950, en Corvillón e que pasou as etapas difíciles, nun tempo revolucionado pola rematada uns anos antes segunda guerra mundial.

E seus pais a que se adicaban? Eran labregos, é dicir, traballaban a terra. Apañaban leitugas, tomates, recollían a colleita, vendimaban e todo iso facíano con un carro de vacas, non coma actualidade que se fai con tractores.

Foi á escola? Si, con 3 anos. Tiven dúas, dona Carmen Brañas e dona Antonia. Fun ata os 12 anos, que saquei os estudos primarios.

Quenes eran as súas mellores amigas cando era pequena? Delfina e Mari Carmen. Xogabamos ao truquel, á billarda, á brincadela... Notruquel facías un debuxo con tres casiñas en vertical, dúas en horizontal e outra en vertical que remataba con un círculo grande chamado descanso, entón tiñas que saltar a pata coxa ata chegar ao descanso. Na brincadela, tiñamos que saltar uns por enriba doutros de maneira que un se agochaba co lombo encorvado e outro ía saltando por enriba. Había que saltar dende un límite que era unha raia e se non conquerías pasar por riba ou pisabas a raia, os demais pasaban a saltar por riba túa. E na billarda, había dous paus, un curto afiado por ambas puntas chamado billarda, e outro mais longo. O xogo consistía dar pancadas co pau longo nunha das puntas da billarda, que se poñía no chan, para que esta se elevase e despois golpeala, cando estaba no aire, o mais lonxe posible. O vencedor era o que lanzaba a billarda mais lonxe. Xogabamos na Praza de Fefiñáns.

Era capaz de compaxinar os estudos co traballo no campo? Si, pero era moi difícil, e cando tiña que traballar duro, meus pais non me deixaban ir á escola. Despois xa fun traballar á fábrica de conservas Manuel Otero. Na fábrica de conservas, tiñamos que cocer o peixe, limpalo, cortalo, botarlle aceite, metelo na lata de conservas para finalmente esterilizalo para que puidese estar listo para venderse.

E con cantos anos coñeceu ao seu home? Con 16 na festa do Santo Amaro. Era albanel, é dicir, adicábase á reforma e construción de vivendas.

Podería dicirme algúns oficios que acorde de antes que agora se perderan ou non teñen tanta importancia? Por suposto, mira, agora véñenme tres á cabeza: carreteiro, viña a ser os camioneiros daquela época, encargábanse de transportar cargas mediante un carro tirado por bois; Ferrador, que era o encargado de colocarlle as ferraduras aos cabalos...Un traballo moi importante naquela época; e o latoeiro, este reparaba as tarteiras e utensilios de cociña ou recipientes, facía todo tipo de apaños e incluso afiaba coitelos, tesouras...
As cousas cambiaron moito respecto a cando era nena? Si, moitísimo, sobre todo a tecnoloxía, os teléfonos, as televisións, as cousas eran mais tranquilas e había moitísimos menos coches.