MARÍA OUBIÑA BLANCO
MARUJA DE BENEDITA

MARÍA OUBIÑA BLANCO

por Noelia Alfonso

IES Francisco Asorey - 4º ESO

Imos falar da vida de María Oubiña Blanco, actualmente ten 59 anos e vive nunha pequena casa de Castrelo, no Couto de Arriba. O seu momento máis feliz foi cando casou e tivo os seus cinco fillos. Non todo foi doado, pasou por momentos difíciles como cando tivo que facer a súa casa e á vez coidar dos fillos. Un dos eventos que celebrou con entusiasmo foron as Vodas de Prata, onde estivo cos seus familiares e amigos na súa casa.

Pasemos a falar da súa infancia. De pequena vivía cos seus pais, Jose Oubiña Vieites e Benedita Blanco Núñez, e cos seus irmáns en Castrelo, na Xesteira. O pai traballaba nunha fábrica de cerámica para a construcción e a nai traballaba na casa ou ás veces ía á ribeira. Ao pai chamábano Oubiña e á nai Benedita a de Blanco e a ela Maruja a de Benedita.

A súa familia formábana oito persoas. Naquela época a situación era de pobreza, non moi boa. Vivían do salario do pai e dalguna axuda do que traballaba a súa nai indo ao xornal e á ribeira. Algúns dos seus veciños eran Inocencio, Felisa, Vicente e Dorinda. O seu día normal basábase en ir á escola e coidar dos seus irmáns pequenos. Non viaxou nunca a ningún sitio porque non se podían permitir gastos. Nos seus momentos libres xogaba na rúa cos seus amigos ou irmáns. Ao descanso, ás agocghadas, e á corda.

Estudaba no CEIP Castrelo, actualmente chámanlle o colexio vello de Catrelo, que se encontra no Couto de Arriba. Nel estivo ata os 12 anos. Estaban separados os homes das mulleres. As materias impartidas eran o castelán, matemáticas, relixión, historia e xeografía.A súa titora era dona Manuela Botana. Na escola adoitaban falar en castelán pero na casa falaban sempre en galego. As súas notas non eran espectaculares pero tamén non eran malas. Non acabou os estudos porque tiña que coidar dos seus irmáns mais pequenos e a causa diso faltaba moito a clases.
Comezou a traballar con trece anos nunha fábrica de ladrillo que se chamaba “Hermanos Varela Muñiz”. Consistía en facer ladrillo, collelo e poñelo a secar, carregar camións... Cando chegaba do traballo xa era de noite e tiña que axudar cos traballos da casa.

No seu tempo libre ía ao cine a Dena, un pequeño lugar do concello veciño pola banda do sur. Vía películas de Joselito, de vaqueiros, de Marisol. Ía coas amigas e valía cada entrada sobre dez pesetas. Nunca foi ao teatro, entón non pode saber si lle gustaba ou non. A música si que lle gustaba, sobre todo as mexicanas e as rancheiras. A súa cantante favorita era Rocío Durcal. Gustáballe ler. Non lembra que alguén da súa familia coñecera a Ramón Cabanillas, ou a Francisco Asorey. Non lle gustaban nada a política nin o deporte. A María Oubiña Blanco gustaríalle ser recordada por ser unha boa persoa.